Unha autoedición en vinilo centrada no cancioneiro tradicional e reinterpretado en clave feminista e contemporánea; un traballo de exploración da voz en diversos espazos sonoros. Este disco foi seleccionado como tercerio mellor álbum estatal de raíz no 2019 pola revista Mondosonoro, e finalista a mellor proxecto de música tradicional nos Premios Martín Códax da Música 2020. Foi levado ao directo co músico Benxamín Otero actuando en festivais como Festival Sinsal, Monumenta, Vangal, Festival Noroeste, Festival Plataforma.